4. Meigas e feitizos con Gustav Henningsen

DATOS

Día: sábado 18 de agosto
Hora de saída:
18:00 h
Hora de regreso estimada: 21:00 h
Distancia: 3 km
Dificultade: baixa

PUNTO DE ENCONTRO: 
Concello de Ordes, rúa Alfonso Senra, 108, 15689. Ordes.
Ligazón: https://goo.gl/maps/FoDMPcJNknP2

Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.


Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

Desde o pasado Monumenta 2017, entre as andainas de cada edición hai unha recuperación
e posta en valor dos camiñantes que no pasado percorreron o país para investigar e documentar a nosa identidade social e cultural. Se hai un ano falabamos de Alan Lomax ou de Ruth Matilda, agora facemos o propio co antropólogo danés Gustav Henningsen,
toda unha autoridade de recoñecemento internacional en materia de Inquisión e bruxería, que pasou por Ordes hai máis de medio século, cando buscaba pola parroquia de Ardemil as pegadas das meigas.

MONUMENTA DIVULGA
É un reto realizar unha andaina arredor do patrimonio inmaterial porque as pegadas son, en moitos casos, invisibles, pero tamén é unha oportunidade para experimentar e traballar coa imaxinación. Esta andaina de Monumenta será un paseo por Ordes, en conversa con Xavier Groba, un dos dous autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCentral Folque, 2017). Viviremos aquela Galicia máxica dos anos sesenta, mentres iremos visitando os graffitis e murais que cada ano programa o festival Desordes Creativas.

MONUMENTA ESCOITA
Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes. Música de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións, florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados.

  • Prazas limitadas a 90 persoas. Admisión por orde de inscrición

 

  • Formulario de inscrición para esta andaina do 08 ao 17 de agosto

    Erro: Formulario de contacto non atopado.