A formación dos Camiños de Santiago

O CEBREIRO, PEDRAFITA DO CEBREIRO, LUGO
Domingo 8 de agosto, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO
Aparcadoiro do Cebreiro, detrás da igrexa de Santa María a Real do Cebreiro. Como chegar: A6, saída 432 Pedrafita do Cebreiro e despois LU-633.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Visitaremos a igrexa de Santa María do Cebreiro, o templo máis antigo do Camiño e o mellor conservado desde as súas orixes no século IX. Pasearemos polas pallozas, vestixios da arquitectura prerromana. E no fermoso núcleo histórico do Cebreiro, falaremos do hospital de San Xiraldo de Aurillac.

MONUMENTA DIVULGA
Realizaremos un pequeno tramo do Camiño Francés na entrada a Galicia e aprenderemos como é o relevo de Galicia e por que está condicionado pola xeoloxía, os tipos de roca, as fallas etc. Estas características físicas definiron o trazado do Camiño nunha rexión dunha orografía tan complexa coma a nosa.

MONUMENTA ESCOITA
Xosé Lois G. Faílde é licenciado en Historia da Arte. A súa actividade abrangue distintos ámbitos: a práctica fotográfica, a escritura e o ensino. Como docente, tenta introducir nas súas aulas procedementos didácticos vinculados a procesos fotográficos ou artísticos relacionados coa cultura visual.

MONUMENTA CIRCULAR
O queixo do Cebreiro ten forma de fungo e está elaborado sen ningún aditivo nin conservante. O leite utilizado é o do gando vacún saneado das razas rubia galega, pardo alpina e frisoa, criadas na zona.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Eduardo González Clavijo, xeólogo coautor do Proxecto Silxe (inventario de lugares de interese xeolóxico do Canón do Sil), especialista na xeoloxía da Ribeira Sacra.
María Abuín Fernández, guía e cofundadora da empresa Máis que Románico, especializada en andainas pola Ribeira Sacra.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Hora de saída: 10:00
Hora de regreso estimada: 14:00
Distancia: 6 km; regreso en autobús.
Dificultade: baixa.
Itinerario: a primeira parada será no miradoiro coñecido como “entrada a Galicia”. Desde alí, camiñaremos ata a parroquia de Liñares. Xa no autobús, antes de regresarmos ao punto de encontro, visitaremos o alto de San Roque.
Observacións: os camiños están en zona montañosa con pendentes suaves e prolongadas.
Transporte de volta: 5 euros.
Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Andaina Prezo Persoas Inscrición