Arqueoloxía na Vía da Prata: o castelo de Lobarzán
AS CHÁS, OÍMBRA, OURENSE
Sábado 14 de agosto, 18:00
PUNTO DE ENCONTRO
Saída desde a Igrexa Parroquial das Chás. Como chegar: A52, saída 160 Oímbra. Despois tomar OU-1011 aOímbra e, a continuación, ir pola OU-1013 e a estrada local das Chás-Oímbra.
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
A Ceadá das Chás/castelo de Lobarzán é un conxunto arqueolóxico e natural localizado entre os núcleos de poboación das Chás, O Rosal (Oímbra, Ourense) e Vilaza (Monterrei, Ourense), nunha zona limítrofe que abrangue os outeiros do Mazairo, da Ceada e do Castelo.
MONUMENTA DIVULGA
Atopámonos cun poboado fortificado en altura cuxa excepcionalidade radica nunha ocupación prolongada no tempo, con evidencias que van desde a prehistoria ata a Idade Media. É un lugar privilexiado no referente ás súas condicións defensivas e ao seu amplísimo dominio visual da contorna.
MONUMENTA ESCOITA
Ángel Cerviño: escritor, artista plástico e comisario de exposicións.
MONUMENTA CIRCULAR
Pemento de Oímbra: o pemento de Oímbra ten unha forma redondeada e regular. De pel lisa e brillante e cor verde clara con tonalidades case amarelas, caracterízase por un sabor doce.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Beatriz Comendador Rey e Víctor Rodríguez Muñiz, arqueólogos e directores do Proxecto Lobarzán, Universidade de Vigo.
Lucía Rodríguez Álvarez, investigadora da Universidade de Vigo, no programa de Protección do Patrimonio Cultural, que realiza a súa tese doutoral sobre a Prehistoria no Alto Támega transfronteirizo.
Nieves Amado Rolán, arqueóloga.
MÁIS INFORMACIÓN
- Hora de saída: 18:00
- Hora de regreso estimada: 22:00
- Distancia: 6 km
- Dificultade: media.
- Itinerario: percorrido polos puntos de interese do conxunto arqueolóxico e natural da Ceadá das Chás/castelo de Lobarzán.
- Observacións: andaina de ida e volta por sendeiros e camiños con desniveis e relevo irregular.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: apta para todos os públicos, pero, ao ser unha ruta de monte, recoméndase unha certa preparación física.
Inscrición aberta o luns 2 de agosto.
Andaina | Prezo | Persoas | Inscrición |
---|