Os nosos Camiñantes convidados (II)

5. Escoitando as Terras de Miranda
MONDOÑEDO, LUGO
Sábado 19 de agosto 11:00

  • Mauro Sanín é responsable de comunicación en aCentral Folque e director do Encontro Interna- cional Zona da Zanfona. Tamén imparte aulas de zanfona na AC Brisas do Quenllo da Pontraga (Tordoia) e no Conservatorio Histórico de Santiago. Actualmente forma parte de varios proxectos en palco tocando a zanfona a solo, a dúo co cantor beirão César Prata (Cantos de Cego da Galiza e Portugal, 2016) ou co trío de experimentación audiovisual Ulobit (Vikingland, 2016), entre outros.
  • Valentín Insua é o campaneiro da catedral de Mondoñedo, onde subiu por primeira vez con oito anos seguindo o exemplo de seu pai e de seu tío. Desde entón, ademais de encargarse de executar manualmente os toques, mantén viva esta tradición a través da difusión da súa historia.
  • Xoán-Xil López é musicólogo, artista sonoro e doutor en belas artes. Ten traballado no uso da paisaxe sonora na creación artística contemporánea —estéticas sonoras e procesos culturais—. Realizou investigacións tanto no ámbito da etnomusicoloxía como no da música contemporánea.

6. Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger
CAMELLE, CAMARIÑAS
Domingo 20 de agosto 10:30 h

  • Carmen Hermo, artista plástica e profesora na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. Está vinculada ao Museo do Alemán-Casa de Man e á conservación das obras de Man.
  • Anxo Cabada, fotógrafo, que nos introducirá na obra de Ruth Matilda Anderson e de Ramón Caamaño.
  • Manuel Vilar, antropólogo con numerosos traballos sobre a microtoponimia da Costa da Morte.
  • Ángel Cerviño, artista plástico e comisario de exposicións.

7. Tras os pasos de Casto Sampedro
REDONDELA E ILLA DE SAN SIMÓN, PONTEVEDRA
Sábado 26 de agosto 17:00 h

  • Xavier Groba González, profesor de música no IES de Baiona e investigador, é especialista no estudo da música galega de tradición oral e popular.
  • María Xosé López e Alfonso Cheda acompañarán o percorrido coa gaita e a zanfona, interpretando diferentes pezas musicais recollidas por Casto Sampedro, así como unha mostra das cantigas de Martín Códax xa na illa de San Simón.

8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares
NOGUEIRA DE RAMUÍN, OURENSE
Domingo 27 de agosto 10:30 h

  • Florencio de Arboiro, etnógrafo e escultor, creador da Casa das Rodas, en San Xoán de Río, onde exhibe a impresionante colección de rodas de afiar que foi adquirindo e restaurando durante máis de 30 anos.
  • Cristina Asenjo, profesora de música no ensino secundario e acordeonista do conxunto O Sonoro Maxín. É natural de Alongos, terra de músicos, onde aínda se mantén viva a memoria do antigo verbo dos xingros.
    Acompañados en formato de barriografía ou parladoiro iti- nerante polo músico e escritor Xurxo Souto.

    Angel Cerviño

    Anxo Cabada

    Florencio de Arboiro

    Mauro Sanín

    Xurxo Souto

    Xoan Xil

    Carmen Hermo