Cea, a vila do bo pan

SAN CRISTOVO DE CEA, OURENSE
Sábado 21 de agosto, 10:00


PUNTO DE ENCONTRO
Praza Maior de San Cristovo de Cea. Como chegar: pola AG-53, tomar a saída 73 e a continuación a OU-504. Outra vía alternativa é a N-525, Ourense-Santiago. 

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Nesta localidade elabórase desde tempos moi remotos un pan dunha excepcional calidade que lle permitiu lograr unha gran notoriedade e transcender fronteiras máis alá da súa comarca. Esta industria representa unha parte importantísima da economía local.

MONUMENTA DIVULGA
Coñeceremos como e onde se elabora o pan de Cea. Visitaremos o patrimonio monumental e natural de San Cristovo de Cea e percorreremos un pequeno tramo dun sendeiro circular que coincide co antigo Camiño Real ao mosteiro de Oseira.

MONUMENTA CIRCULAR
O pan é o gran símbolo de Cea, pero neste concello tamén hai unha nova xeración de emprendedores que apostan por outras actividades económicas. Ao final da andaina, compartiremos un faladoiro onde analizaremos algunhas reflexións sobre cidadanía e ruralidade cos seguintes convidados: Aboamigalla, Acisclo Novo, Nela Biosense, O Reberete etc.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Ruben Araúxo,
guía oficial de turismo de Galicia e guía do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Carlos Manuel Rodríguez, presidente da  IXP, indicación xeográfica protexida Pan de Cea.

MÁIS INFORMACIÓN

  • Hora de saída: 10:00
  • Hora de regreso estimada: 14:00
  • Distancia: 4 km.
  • Dificultade: baixa. 
  • Itinerario: na primeira parte coñeceremos a historia de Cea, visitaremos un forno e falaremos do seu coñecido pan. Despois, camiñaremos por unha ruta circular do famoso Camiño Real e, para rematar, realizaremos unha xornada divulgativa sobre emprendemento no rural.  
  • Observacións: é importante avisar a organización de posibles alerxias ao pole e ás picaduras de insectos.
  • Necesidades específicas: calzado cómodo, protector solar, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
  • Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Inscrición aberta o luns 9 de agosto.

 

Andaina Prezo Persoas Inscrición

Sen Comentarios

Publica un comentario