Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio. Nesta edición, as andainas seguen os pasos de camiñantes ilustres que recolleron os seus saberes ou que atoparon a súa inspiración ao longo do territorio galego, como Domingo Fontán, Alan Lomax, Ruth Matilda Anderson ou Casto Sampedro.
1. Dous séculos do rostro de Galicia SANTIAGO DE COMPOSTELA, A Coruña Sábado, 5 de agosto 10:30 h
2. Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, ALLARIZ, OURENSE Domingo, 6 de agosto 11:00 h
3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras STA. MARÍA DE PESQUEIRAS, CHANTADA, LUGO Sábado 12 de agosto 11:00 h
4. A Valga Romana VALGA, PONTEVEDRA Domingo 13 de agosto 10:00 h
5. Escoitando as Terras de Miranda MONDOÑEDO, LUGO Sábado 19 de agosto 11:00
6. Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger CAMELLE, CAMARIÑAS Domingo 20 de agosto 10:30 h
7. Tras os pasos de Casto Sampedro REDONDELA E ILLA DE SAN SIMÓN, PONTEVEDRA Sábado 26 de agosto 17:00 h
8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares NOGUEIRA DE RAMUÍN, OURENSE Domingo 27 de agosto 10:30 h